Novas

contidos

See you Pulpiño…

Contidos
Xubilación do portal de contidos educativos da CEOU.

 икониикони

smart

Mestre Exemplar SMART

Iste ano SMART lanza por primeira vez en España o Programa Mestre Exemplar SMART. Iste programa leva xa varios anos desenvolvéndose con gran éxito de América do Norte. O programa Mestre Exemplar SMART quere recoñecer a labor de 10 mestres no emprego das solucións SMART na aula.

Os criterios de seleción son os seguintes:

  • Ser un mestre que empregue as solucions SMART de xeito innovador para mellorar os resultados académicos.
  • Completar unha aplicación que ponga de relieve o teu compromiso co desenvolvemento eficaz das prácticas educativas e o seu desexo de compartilas con outros mestres.
  • Enviar un vídeo no que aparezca presentando unha parte dunha actividade con Notebook que crearas.
  • Proporcionar unha carta de referencia do personal de dirección do teu centro.

Qué vantaxes ten ser uno dos mestres Exemplares en España?

  • Oportunidade de probar novos produtos.
  • Software gratis a elexir – SMART Classroom Suite, SMART Ideas ou SMART Notebook Student Edition.
  • Oportunidade de participar en eventos como SMART’s Peer Educator.
  • Maletín para o ordenador SMART Exemplary Educator.
  • Artígos promocionais para apoiar eventos de desenvolvemento profesional que organice
  • Oportunidade de ir a eventos importantes como Summit ou similares

Más >

ROSA BARREIRO

O CRA de Ponteceso sae na prensa defendendo as escolas do rural

O pasado luns, 24 de xaneiro publicouse unha nova en “La Voz”  onde as nosas compañeiras Rosa e Ivana defenden as escolas rurais, esas escolas onde o dixital é o natural, e o natural é o dixital. Botade unha ollada!

“Habería que pensar que, se as escolas rurais morren, o rural irá morrendo tamén” ROSA BARREIRO

“Son coma un panadeiro, pero o que levo é o inglés” IVANA GARCÍA


Dame, dame, dame… (BETT 2011-I)

… dispositivos móbiles na aulaaaaaaaaaaaaa, ou algo así seguirían entonando Anni e Agnetha segundo o visto iste ano na Feira. Ás PSP e NDS in the classroom, engadímoslle moitos iPad e Tabletas con Android de Toshiba, Dell e un moi longo etcétera de marcas.

O salientable é que non só o trebello, senon moitas aplicacións (apps) de balde e de pago tanto no iTunes como no Market de Android, o que fan da tableta que sexa de 7 ou 10 polgadas, un recurso moi a ter en conta dentro da aula… sobre todo a personalizacion da aprendizaxe elixindo a app que se precise do market. Sí que se bota en falla unha Authoring Tool para iPad ou Android, pero seguro que é cousa de tempo, se ademais se consegue que a través dun iPad ou Android interactuemos co EDI xa temos todo listo.

Xogos na aula

Quebracabezas e xogos de intelixencia

Leo na folla parroquial da Coruña que os videoxogos de quebracabezas e os problemas de intelixencia melloran o noso cerebro, segundo demostraron científicos da Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense, a Fundación CEN (Centro de Investigación de Enfermidades Neurológicas) e a Fundación Reina Sofía.

Xogamos?
Pois contamos con sinxelos recursos galegos neste eido para construir un material práctico na aula, xogos de mesa de preguntas e respostas tipo Trivial.

Os primeiros comezos nista andaina, o supuxo o programa Formula 20 (Fran Macías) , que permitia facer unha xira de preguntas co taboleiro dunha pista de carreiras… istes e outros experimentos, finalizaron na presentacion do proxecto Xogamos? (Xose Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías), baixo o que se agrupan unha serie de recursos informáticos dedicados a creación de xogos de pregunta-resposta. Mirade unhos exemplos:

Matemáticas 1º Ciclo.

Os instrumentos musicais.

O mundo do cómic

Ligazóns:

liml

Libro Colaborativo LIM

Ti xa sabes que LIM (Fran Macías) é unha ferramenta ideal para empregar no EDI, moi áxi le lixeira e que nos permite crear rápidamente contidos adaptados aos nosos alumnos visibles somente cun navegador.

E QUERES PARTICIPAR NA CONSTRUCION DUN LIBRO ENTRE TODA A COMUNIDADE??

- Obxectivo: construir colaborativamente una UD, actividad temática… xa que LIM é unha ferramenta aberta.

- Duración: Todo o curso escolar e, segundo a data, escoller o Samaín, o Outono, os dereitos humáns, a paz, a muller traballadora, a semana da prensa, o día do libro, a saúde, Galicia, Europa, as Letras Galegas, dia mundial do ambiente… (queres propoñer outro tema?. Deixa un comentario coa túa proposta.)

- Quero participar, como fago?

É moi doado, na seguinte presentación tes todos os pasos:

Libro colaborativo LIM