Secundaria/Bach
Novo recurso de aprendizaxe: a WebQuests
2 ene
Unha WebQuest é unha actividade didáctica que consiste nunha investigación guiada, con recursos procedentes principalmente de Internet, promove o traballo cooperativo e a autonomía dos alumnos/as e incluye unha avaliación do proceso.
A WebQuest é un recurso que se pode utilizar en todas as etapas educativas. Ten as seguintes fases:
- Introducción: ofrece aos rapaces a información básica que necesitan, suscita o seu interese e os motiva
- Tarea: é a parte máis importante, describe o obxectivo final ao que deben chegar os alumnos/as
- Proceso: son os pasos a seguir en cada tarea. Debe ser sinxelo, curto e directo. Dentro deste apartado tamén poden incluirse os recursos (páxinas web, libros,…) a utilizar, entre outros, para acadar o obxectivo final plantexado
- Avaliación: describe a maneira en que será avaliado o alumno/a así como o proceso de aprendizaxe
- Conclusiòn: resume a experiencia e suscita unha reflexión acerca do proceso e do aprendido
- Créditos
- Guía para o profesor
Páxinas interesantes sobre este tema:
http://www.aula21.net/Wqfacil/
http://www.isabelperez.com/webquest/ejemplos.htm
http://www.aula21.net/tercera/listado.htm
http://www.webquest.es/
http://webpages.ull.es/users/manarea/webquest/
http://cfievalladolid2.net/webquest/common/index.php
SMART exchange
20 oct
Buscar recursos para a aula, compartir e conectarse con outros mestres, agora en español.
http://exchange.smarttech.com/
Aplicacións didácticas da Web 2.0
3 oct
A Wikipedia define a Web 2.0 como o término acuñado para referirse á segunda xeración de internet, exponencialmente máis dinámica que a anterior, baseada na colaboración da comunidade de usuarios. Son exemplos desta revolución tecnolóxica servizos como as redes sociais, os blogs, wikis, e un longo etcétera.

A propia Wikipedia constitúe un exemplo excelente de construción do coñecemento por parte dos propios usuarios, un coñecemento (segundo un estudo) tan riguroso como o da propia Enciclopedia Británica. Pero as posibilidades da web 2.0 son amplísimas e as súas aplicacións en educación posúen un incrible potencial para provocar un cambio metodolóxico real.
O Concello de Ponteceso, en colaboración co Centro de Formación e Recursos, organiza no mes de novembro unhas xornadas sobre a Aplicación didáctica da Web 2.0, poñendo tanto á nosa disposición como mestres, como ao público en xeral, a oportunidade para profundizar no funcionamento, implicacións e aplicacións educativas das redes sociais, blogs, plataforma Moodle…
Inclúese, entre os contidos a tratar, unha xornada sobre o EDI nas aulas.
Inscrición: Plataforma do Cefore
Prazo: Ata o 15 de Outubro.
Máis información: Ver Programa
Dispositivo de respuesta
4 jun
SMART Response LE -
Pensado para la educación Primaria y alumnos con necesidades educativas especiales.

Después del SENTEO aparece el RESPONSE LE, un sistema de votación para los primeros años, aulas de primaria y NEE. Es un sistema mucho más simple que el dispositivo anterior, con sólo 5 grandes botones de colores para escoger. No hay necesidad de registrarse en la votación y se ejecuta en modo anónimo.
Uso lúdico dunha webcam.
22 abr
Ao fío do anterior artigo, e dentro do mesmo proxecto sobre “Saúde Dixital. Saúde Laredo”, exploramos as posibilidades dunha infravalorada webcam nos nosos centros educativos (ver “Lector Documentos Lowcost”), sen WIIs nin PS2 utilizamos recursos da rede para interactuar e xogar coas Novas Tecnoloxías tendo como referente un eido fundamental o lúdico e o social, somentes cunha webcam!!!.
Para mostra, un vídeo, que as veces se fala se fala do que se fai pero non se amosa
:
Recursos utilizados:
- De orfebrería tecnolóxica e para NEE da man do noso Compañeiro J. Fonoll: Xtec Fonoll
- Para Educ. Infantil: Kukakumma
- Para Educ. Primaria C.I y C.II: Camgoo
- Para Educ. Primaria C.III e ESO: Ovo The game
- Para os exploradores: Webcam games
- Outras maneiras de usar a webcam: Mando, Headev…
Xa contaredes doutras propostas!!!








