Xeral

Proxecto “Bowl” Dixital Interactivo

A era da tocabilidade é un feito tal e como o comentabamos noutros post, así como a “morte do Ordenador” e outro tal e como se pode leer no informe Davos 2008:

“Lendo as conclusións sobre “New Tech” do encontro do WEF 2008 (Davos) (Foro Económico Mundial) vou sacando unha serie de conclusións que imprimiran ritmo a industria tecnolóxica, por defecto ao consumo e como non, a educación.

- O PC de sobremesa está morto, tal e como coñecemos, baixaran baixaran e baixaran os prezos dos mesmos xa que se desmerecese o uso de semellantes mamotretos, a portabilidade e a clave.

- Os portátiles líderes dos próximos anos, cada vez máis “portátiles”.

- Ano 0 da revolución móbil, aparellos de peto multifuncióncada vez máis indispensables na vida cotía tal como dí o CEO de China Mobile Communications Corporation, Wang Jianzhou, “quien no tiene un teléfono móvil, le falta parte de las funciones humanas”. :)

Por defecto o Great Hit educativo será a incorporación de tecnoloxia móvil na aula, PDAs…”

Bowl 2

Con todo unha serie de iniciativas educativas aúnan ambas tendencias en aras de introducir a tecnoloxía dunha manera cotiá en obxectos de uso doméstico; “Proxecto Bowl” un claro exemplo do poder das accións naturais e o sentido común en aras a interacción multimedia.

Bowl

A esencia do Proxecto explora como interactua un neno de dous anos con contidos audiovisuais utilizando os seus xoguetes identificados con tecnoloxía RFID (emisores) e un simple Bowl (receptor) conectado a un PC.

Así pois, se un neno que ver unhas imaxes/vídeos/xogos do seu peluche preferido bota o obxecto no bol e as visualiza na pantalla.

Cando menos abraiante!!!

PDI SMART E FACER DE DJ

Para pasar un ratiño facendo “de músico”:

http://www.tony-b.org/

(Encender os altavoces)

Videos do SMART Teachers Day (I)

Pois entre todo o material que trouxemos, tamén había un CD cheíño dos vídeos que gañaron e os que quedaron finalistas a nivel mundial neste certame que organizaba SMART.
Comeza eiquí unha escolma de vídeos da que podemos aprender grazas aos subtítulos que Pepa a de inglés ;) traballou para que esten disponibles a todos nos. Grazas!!


Sorrimos…

Ista presentación a fixemos co programa ProShow e despois a gravamos ca ferramenta do SMART Notebook. Grazas á toda a comunidade educativa do CRA de Ponteceso.

Aulas con software 2008 – GALICIA

Aulas 2008
Ultimamente hai movemento, innovacións e temas de abondo eiquí en Galicia coma para argallar unhas Xornadas destes xa tradicionais Coloquios: os traballos dos usuarios do EDI, as experiencias metodolóxicas do emprego do EDI nas aulas, os programas complementarios que podemos empregar, novidades en canto a dispositivos móbiles coma PDA’s que podemos empregar co EDI, os gadgets, os recursos online, etc. etc.

E todo made in Galicia!! Qué ben… Vivamos coma galegos, E LOGO!

Veña, propoñede lugar, data e convidados.

Calculadora Máxica!!!

Dándolle voltas ao visto en Bett, concretamente ao MathJournal (unha ferramenta que automatizaba sumandos e demais) atopamos na rede un recurso de balde da man da Universidade Británica de Swansea concretamente dos investigadores Harold Thimbleby e o seu fillo Willy. Así pois puxémonos en contacto con eles para poder “galeguizar a súa ferramenta” e usala nas nosas labores docentes.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/-ADUOPj9Bq8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Podes descargar a aplicación dende aquí: Calculadora EDI (sen misterios, nin avisos).

Observacións: para iniciar o programa só é necesario descomprimir o cartafol, executar o arquivo calculadora_edi.jar e ter instalado a tecnoloxía Java no PC

Os autores prométennos unha sorpresa en breve e quen sabe se algunha visita a Galiza :) .

Grazas Thimbleby!!!.

O ensino do século 21

Nestes días falouse moito na rolda do xiz, dos tablets pc, do EDI na aula… o que queda claro é que os nosos alumnos pertencen á “Idade do Bit”: dispositivos móbiles, consolas, Internet, TDT, e unha constante de elementos multimedia que son de emprego común. Pero, vai respostar o noso sistema educativo de hoxe a iste cambio nas nosas vidas?

Se aló vos comentaba a idea dun portátil por alumno e un EDI por aula, tamén vale unha PDA por alumno conectada ao EDI… ;)

http://learning2go.org/

Empregando a SMARTBoard.

Pois xa temos o EDI na aula e estamos preparando algunha cousiña para que vexades como traballan os rapaces, a grandísima vantaxe é que sen o EDI non poderían acceder a estes contidos (non manexan o rato), agora SÍ empregan o ordenador e todo o que hai nel e ademais dun xeito moi moi intuitivo e doado de empregar polos mestres.

Apertas, Felo

Vino por USB vs WIImote/PDI

Despois de tanta resaca post WIIMote/PDI das anteriores entradas un compañeiro pásame o remedio por si non damos feito o famoso boli ou non tira o devandito Bluesoleil.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/CRL1SeTJ1rk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Realmente funciona!!! :)
Un paso máis para a web 3.0ú, 4.0ú, 5.0ú…

WII e Pizarra Dixital…”Estantes valeiros…”

estantes valeiros
Eso seica é o que estar a pasar en tódalas tendas galegas, o outro día houbo que levar dúas wiimote a Ferrol e hoxe arrincar coas que quedaban, en fin… será porque foi o regalo estrela deste Nadal, non? ;)