Xeral
Dispositivo de respuesta
4 jun
SMART Response LE -
Pensado para la educación Primaria y alumnos con necesidades educativas especiales.

Después del SENTEO aparece el RESPONSE LE, un sistema de votación para los primeros años, aulas de primaria y NEE. Es un sistema mucho más simple que el dispositivo anterior, con sólo 5 grandes botones de colores para escoger. No hay necesidad de registrarse en la votación y se ejecuta en modo anónimo.
Be Smart na rede
26 may

Colaboradora: Rosa Varela
Se queredes “Be smart” (“Ser intelixentes”) xa tendes na plataforma un conxunto de tarefas para traballar co alumnado de 2º e 3º ciclo na área de lingua ingles. Deste xeito , ademais de desenvolver a competencia lingüística na lingua extranxeira, fomentaredes reflexións sobre aspectos tan relevantes como: a amizade, a importancia dunha dieta sá, a cultura da reciclaxe e sostenibilidade, a interculturidade, as emocións…..
II Xornada EDIGA
18 may
Rematou a II Xornada EDIGA e a pesar que haberá aspectos que analizar como o cambio de ubicación Santiago-A Coruña, as datas de maio, a convocatoria de oposicións, a tardía chamada de EDIGA, etc etc. a participación non aumentou pero nas actividades que se presentaron vimos moito traballo dos mestres, de relación coas familias, cos compañeiros, atrancos técnicos moi ben resoltos, etc etc.
O mellor foi que grazas ás experiencias de Belen Junquera, Manuel Masaguer, Toni Romero, Judith Giménez, Juan Fernández, Feliciano Montero, Rosa, Ivana, Cloti, Mar, Mónica, Lorena… xurden mestres da sombra que coñecen, comparten recursos e ilusións como Rosa Varela, Silvia Montes, Pilar, o CEIP Seara, o CEIP Aguiño… e aínda que quede moito aún por mellorar, so por isto xa paga a pena o esforzo.
Grazas
Destination??
Programa II Xornada Premios EDIGA
13 may
O programa da Xornada “II Premios EDIGA” está listo e agardamos sexa do voso interese.
A inscrición é gratuita no enderezo http://ediga.net/premios-ediga-2 (indicar Motivo “Asistente”) e entregarase un certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña (Certificación de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade da Coruña)
Aos participantes á convocatoria dos premios, comunicaráselles a lista de finalistas o venres.
Apertas, EDIGa.net
SMART Notebook e ASUS EeeTop
30 abr
Grazas a TADEGa, puidemos probar iste ordenador táctil de 15,6 pulgadas que vai moi ben, temos que facer mais probas pero queremos un par deles..
Activity Toolkit 2.0
28 abr
A teacher Belén non para
e avísanos que xa está disponible a versión 2.0 do Lesson Activity Toolkit
Inclúe melloras de actividades que xa tiña e algunhas novidades moi interesantes.
Para actualizar o toolkit deixanos neste vídeo as instruccións. ‰ moi sinxelo pero se tedes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto.
Grazas my teacher
Buscador de actividades
1 abr
Pois non tendes mais que escribir o que buscades na caixa de procuras (lembrade que a gran maioria das actividades están en inglés) e devolveraos as actividades que tedes á vosa disposición. Xenial!!
Preinscrición II Premios EDIGa
26 mar

Para participar nos Premios e na Xornada do 15 e 16 de maio (en breve o programa de experiencias e obradoiros) debes darte de alta neste formulario:
Preinscripción do Proxecto%%wpcontactform%%
Data límite de entrega: 11 maio 2009
Envío material:
A/A Grupo EDIGa
Rúa do Concello 14
Ponteceso – A Coruña
CP:15110
>——————————————————–<
Lugar/Data da entrega premios: Facultade de Ciencias da Educación – Universidade de A Coruña/15 e 16 maio 2008
MODALIDADES:
CATEGORIA A) Materiais Didácticos (deseño de unidades didácticas e materiais curriculares) en notebook
CATEGORÍA B) Boas prácticas co manexo do EDI / Experiencias Innovadoras
CATEGORIA C) Mellor desenvolvemento de EDIexperiencias de aula no blog
(crear un blog dentro de EDIGA BLOGS)
Organizan:
Patrocinadores:
Colaboradores:
Isto é asi?
24 mar
Di un artigo da Voz de Galicia de hoxe que “o reto da educación do século XXI é o acceso dos alumnos ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)â€Â; porén, prosegue, “este camiño non transcurre polos videoxogos, as redes sociais e os correos electrónicosâ€Â, (unha ampla parte das novas tecnoloxías que os nosos adolescentes xa dominan á perfección), senón pola aplicación de todas as posibilidades que ofrece a Internet 2.0 á súa formación, unha tarefa que está máis ben na man dos mestres e educadores deste país que na súa propia.
Que se precisa? Pois segundo as verbas do autor do artigo, “un pouco de iniciativa, un chisco de formación e algo (só algo) de diñeiroâ€Â.
Isto vén a conto porque ao parecer, o 95 por cento dos colexios e institutos xa están “completamente cableados†con Rede ou ADSL e aínda así, os alumnos e alumnas do noso país seguen sen empregar os ordenadores de xeito habitual para o estudo das súas asignaturas.
Por norma xeral, os ordenadores dos centros de ensino soen estar ubicados exclusivamente nas aulas de informática e só 1 de cada 8 institutos e colexios conta con máis de dez ordenadores distribuídos polas aulas ordinarias para o seu uso educativo.
‰ por isto que as autoridades responsables reclaman unha meirande preparación teórica do uso das TIC aplicadas ao ensino e que estas non se limiten á procura de información como vén sendo habitual entre o profesorado do noso país.












