Xeral

Centrosdofuturo.gal

avila

As visionarias e visionarios, anotade para os próximos rexistros de dominios…

“Implantar as TIC é imposible sen un claustro disposto (…) tocoulle facer campaña entre compañeiros escépticos. Hainos de todas as idades, veteranos que non entenden e novos que tampouco. Tamén é importante un labor divulgadora cos rapaces: “Facerlles tomar conciencia de que o computador non é só para xogar, que é unha ferramenta de información e aprendizaxe moi potente que han de saber utilizar”.

E, polo flanco dos pais, tirar das TIC para mellorar a comunicación: este curso, familias e titores estarán conectados a través do correo electrónico. Isabel, profesora de xeografía e historia, admite que para os mozos resulta moito máis atractivo enchufar a PDI e ver nun mapa o avance de Napoleón ou dos nazis que escoitar a súa explicación sen máis. “O visual engancha”, sentenza. Os seus alumnos elaboran mapas das paisaxes agrarias utilizando Google Map e manteñen un punto de encontro en liña da materia, ao que se accede por contraseña.

Tamén teñen portátiles, ainda que non asinan contratos con microsoft e PDI’s… etc etc… vaia, mellor o ledes vos mesmos: ;)

http://www.elpais.com/articulo/educacion/Bienvenidos/centro/futuro/elpepusocedu/20090302elpepiedu_3/Tes

Feliz EDIntroido

Isto dexenera… de que me disfrazo, de que me disfrazo…
smartero

Pois veña que hai que rirse un pouco e a vida é unha fermosura, non hai que choraaaaaaaaaaaarrrrrrrr la la lala laaaaaaaa, AZÅ¡CAR!!!! :
A LO LOCOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO (loquing you, vaia ;)

SMART Notebook para USB

Eiquí tedes a pulseiriña de marras…;) So tedes que descargar a ligazón de mais abaixo e comenzar a copia de arquivos que lle diredes vola poña na letra que teña a vosa unidade USB conectada ao PC.

Disfrutádea!!

http://ediga.net/gestor/index.php?act=view&id=363

Aula Virtual Aragón

Xa non hai escusas para chegar ao colexio sen os deberes feitos. Polo menos nos centros escolares onde xa existe o aula virtual. Unha páxina de Internet onde o profesor colga as tarefas que deber facer.

Chatean para resolver dúbidas e teñen un foro para opinar o que lles pareceu as clases. Estes alumnos de Pobóaa de Hijar, cando chegan a casa sempre se conectan a Internet para descargarse os deberes do día.

Cada clase ten a súa propia páxina, alí o profesor non só colga as tarefas, senón tamén os temas xa dados e os traballos dos alumnos. Ademais, os rapaces poden subir calquera información que lles pareza interesante.

Desta forma teñen a información ao día e a un só clip. Este proxecto piloto púxose en marcha nun centenar de colexios aragoneses. Moitos parecen que viñeron ao mundo cun computador debaixo do brazo.

Visita virtual ao Museo do Prado

Os/as amantes da arte estamos de noraboa. Xa non temos que viaxar a Madrid para poder disfrutar de unha visita didáctica ao Museo do Prado, xa que dende o día 13 de xaneiro, e grazas o GOOGLE EARTH , podémolo facer dende calquera parte.

O museo madrileño ofrece o acceso a catorce obras que analiza en profundidade e que representan as principais escolas presentes no museo, entre elas atópanse As Meninas , de Velázquez ou As tres Grazas de Rubens.

prado

Espero que todos disfrutemos moito de esta nova ferramenta,pero aínda así estou desexando facer unha visita o Museo, porque está claro que unha cousa non quita a outra, non credes?

http://www.google.es/intl/es/landing/prado/