0107200928302

O III encontro Ibérico Smart, tivo lugar este ano en Barcelona, no colexio Sant Gervasi, e estivo moi centrado en experiencias de docentes co EDI dentro da aula tanto en infantil, primaria como en secundaria. Patrick Lelorieux, vicepresidente de Smart, deunos unha visión sobre cómo Smart vé a ensinanza do século XXI.Judith Gómez, ensinounos cómo empregar o edi,xunto co google earth nas matemáticas, e outros moitos compañeiros que mostraron cómo o empregaban nas aulas de música, inglés, historia, arte, así como o nivel de implantación e o éxito no emprego do edi no colexio San Francisco de Paula de Sevilla. Ediga tamén estivo alí e deixou o seu graiño de area neste encontro que xuntou 150 persoas con inquedanzas e gañas de aprender.