En primavera chega Smart Notebook 11
Coa chegada da nova estación chega tamén a nova versión de Smart Notebook (versión 11), nun principio para windows. Entre as súas novidades máis salientables están:
-navegador web incorporado: poderemos acceder directamente dende a nosa lección de notebook a internet mediante un navegador web que incorporará a propia lección, tamén teremos a posibilidade de utilizar as ferramentas para debuxar e escribir na páxina así como arrastrar e soltar as imaxes na lección.
-nova ferramenta: ceras de cores (crayón)
-novas aplicacións: seleccionando obxectos e movéndoos pódense agrupar ou desagrupar
- posibilidade de deseñar os nosos rotuladores creativos
- posibilidade de gravar un son dende a propia lección
- posibilidade de axustar una imaxe a unha forma determinada (ata agora se non se axustaba a imaxe ésta podía quedar en modo mosaico ou só se podía ver un anaco dela)
- posibilidade de crear actividades onde os obxectos reaccionen ante as accións de outros obxectos mediante a activación de animacións ou sons.
- barra de ferramentas mellorada: se seleccionamos un obxecto e as ferramentas da barra, ésta aparecerá diante nosa cando queiramos modificar as propiedades dun obxecto.
- posibilidade de restablecer a páxina ao seu último estado gardado
- formato de texto mellorado
- posibilidade de atenuar a tinta
- posibilidade de interactuar coas táboas con maior facilidade
-posibilidade de crear widgeds utilizando HTML5, CSS e JavaScript
Podedes ver un vídeo destas novas características
Smart Notebook 11Откъде да купя иконаидея за подаръкsondajiсондажи
| Imprimir artículo | Este artículo fue publicado por monica el 18 marzo, 2012 a las 6:00 pm, y está archivado en Xeral. Sigue las respuestas a esta entrada a través de RSS 2.0. Puedes dejar un comentario o enviar un trackback desde tu propio sitio. |




