Lesson Activity Toolkit

Unha nova ferramenta da man de SmartBoard para enriquecer as nosas clases. Chámase “Lesson Activity Toolkit”, algo así como “Caixa de Ferramentas para facer Actividades” :) .

O podemos descargar dende aquí, e instalarase no apartado de Galerias do mencionado Notebook.

Temos dous apartados diferenciados:

Creador de actividades:

Nun primeiro instante lembra a dúas ferramentas de autor como son o HotPotatoes e o LIM pola diversificación de actividades, as súas plantillas personalizables e a súa sinxeleza na utilización

Así pois, poderemos facer actividades de asociacións, resposta múltiple, agrupacións…dun xeito ben sinxelo, simplemente editando as posibles preguntas e as respostas; lembra ao Interwrite Sims, aínda que máis estético e personalizable.

Toolkit screencaps

Ferramentas:

Algunhas delas moi interesantes posto que facilitan a creación de miniactividades ao darlles moita interactividade; barras informativas, preguntas-resposta, xeneradores de palabras,…

Xa non temos perdón para non avaliar todas esas actividades que facemos !!! :)