Di un artigo da Voz de Galicia de hoxe que “o reto da educación do século XXI é o acceso dos alumnos ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)”; porén, prosegue, “este camiño non transcurre polos videoxogos, as redes sociais e os correos electrónicos”, (unha ampla parte das novas tecnoloxías que os nosos adolescentes xa dominan á perfección), senón pola aplicación de todas as posibilidades que ofrece a Internet 2.0 á súa formación, unha tarefa que está máis ben na man dos mestres e educadores deste país que na súa propia.
Que se precisa? Pois segundo as verbas do autor do artigo, “un pouco de iniciativa, un chisco de formación e algo (só algo) de diñeiro”.

Isto vén a conto porque ao parecer, o 95 por cento dos colexios e institutos xa están “completamente cableados” con Rede ou ADSL e aínda así, os alumnos e alumnas do noso país seguen sen empregar os ordenadores de xeito habitual para o estudo das súas asignaturas.
Por norma xeral, os ordenadores dos centros de ensino soen estar ubicados exclusivamente nas aulas de informática e só 1 de cada 8 institutos e colexios conta con máis de dez ordenadores distribuídos polas aulas ordinarias para o seu uso educativo.

‰ por isto que as autoridades responsables reclaman unha meirande preparación teórica do uso das TIC aplicadas ao ensino e que estas non se limiten á procura de información como vén sendo habitual entre o profesorado do noso país.

Nova na Voz de Galicia