Entradas etiquetadas con actualizacións
SMART Notebook 10.6
26 ene
O comentabamos iste dias na rolda de correo de EDIGA, e é que os usuarios de SMART Notebook teñen unha nova actualización que saliu a semana. Versión 10.6, cun par de novas características moi interesantes.
Smart Notebook Math Tools
2 ene
Smart Notebook Matemáticas intégrase co software Notebook. Está centrado para a aprendizaxe das matemáticas, contén ferramentas que permiten demostrar conceptos matemáticos mediante a creación de conceptos visuais, edición de gráficos ou ecuacións.
Entre as aplicacións máis salientables destacan:
- Editor de ecuacións: permite aos usuarios copiar, pegar e editar ecuacións en Notebook, recoñece a escritura e símbolos manuscritos e ecuacións matemáticas
- Integración da calculadora Texas Instruments: cando se instala o software da calculadora TI, éste da acceso aos usuarios a aplicacións TI
- Gráficos dinámicos: enlaces de ecuacións, tablas e gráficos, o cal permite a os alumnos/as explorar cómo os cambios nunha ecuación afectan a súa representación visual nun gráfico
- Constructor gráfico personalizado: crea gráficos mediante o establecemento dos eixes x, y da escala inicio e fin
Podedes descargar esta aplicación no seguinte enlace:
http://www2.smarttech.com/st/en-US/Products/SMART+Notebook+Math+software/
Por certo….. Feliz Ano novo!!!!!




