Entradas etiquetadas con aplicacións
Cando tes un ordenador para toda unha clase…Multiratos!!!
5 nov
A febre dos 1:1 (1 pc por rapaz) e da lascivia de aplicacións da web douscero fai que esquezamos axiña as posibilidades das aplicacións e periféricos máis discretos como pode ser o rato e as súas funcionalidades máis sinxelas… xa hai tempo que probamos a conectar varios ratos nun pc para ver que pasaba e darlle así sentido ao ordenador “Multirapaz” (PC Multichild
), xa que nos tempos que corren e cada vez máis necesario repensar as prácticas, soportes e aplicacións para un uso máis creativo e operativo.
As aplicacións multirapaz (Multirato) non son novas (os videoxogos/consolas/emuladores sempre deron e dan cabida a varios xogadores) e teñen unhas posibilidades enormes nos centros educativos que escasean equipos de calidade (ou equipos sen máis) . O uso colaborativo conxunto do equipamento xorde así máis por necesidade que por moda e este tipo de post xorden máis por facer terapia xestionar recursos que por caer no neohippismo apocalíptico trasnochado de botar pestes contra as administracións.
Con todo, hai vós van unha serie de programas e aplicacións onde conectar varios ratos (mouse, mice, points…) e traballar varios rapaces:
- Mouse Mischief: Engadido de balde para o Power Point que posibilita o traballo multirato. Aplicación de gran interese (a base e a creación de tarefas é o powerpoint de sinxelo manexo) e utilidade (confírelle multirapaz).
- My Mouse Games: Previa instalación dun plugin xa podemos fedellar nos seus xogos en liña.
- Teamplayer: Ferramenta Multirato (varios punteiros, un executa) con actividades predefinidas Mutipunteiro (varios punteiros executan).
- Kidpad: Paquete de xogos multirato do HCIL da Universidade de Maryland (Thanks Silvinne
)
- Amazing Concert: Aplicación musical ineresante; versión demo 5 ratos. (Demo)
- Scholastic Story Stage: Creación de contos colaborativos ao estilo kidpad. (Demo necesita rexistro )
- Multicreativity: Moi visual e creativa. (Demo necesita rexistro )
- Windows MultiPoint Mouse Software Development Kit: O SDK para facer trebellos admitindo de base ppts e silverlight.
- …(o teu?)
P.D.: estas e outras aplicacións a tes dispoñibles no noso repositorio de descargas:
SMART Notebook Express
8 oct
Unha visual rápida: SMART ven de poñer a versión beta do seu Notebook Express na Internet para podermos probar.
Coido que a idea é ter un xeito doado de ter aceso en liña aos arquivos notebook a traves do navegador, sen necesidade de instalar nada no teu ordenador.
Está aínda en beta, pero, ir e botar unha visual?: http://express.smarttech.com – certamente parece útil.
Apertas, Felo







