Entradas etiquetadas con bett
Unha pequena reflexión…
16 mar
Nesa gran exibición que foi Bett, tivemos a posibilidade de ver que no mundo da Educación temos moitísimas posibilidades no mundo da tecnoloxía, para faer que os nosos nenos e nenas aprendan dun xeito diferente e no mundo de hoxe. O que alí poidemos ver foron moi diversos aparellos, software…todo tipo de ferramentas que a moitos nos fixeron reflexionar e moito sobre o cambio metodoloxico. Moito ánimo a todos os que realmente queren facer este cambio, porque van na dirección correcta.
BETT 2010 Preview
11 ene
O maior evento mundial de tecnoloxía no ensino volta a Londres Olympia, niste xaneiro de 2010, con mais de 600 expositores que exhibirán os seus productos e prevese 30.000 visitantes que asisten de todo o mundo, entre os que se atopará a delegación de EDIGA
Como sabedes un dos II Premios EDIGA consistía nunha viaxe a BETT, polo que en breve e da man de Silvia teremos mais novas e un amplo resumo do que alí se expoña.
Iste video da unha idea do que agarda no BETT 2010 para botar un ollo a algunhas das novas e emocionantes innovacións, que se lanzarán na feira do 2010.
Teachers TV entrevista a algúns dos profesionais que asistirán a BETT e destaca os temas clave que sen dubida influirán na forma da tecnoloxía no ensino para iste ano.
Boa viaxe compañeiras!!
A SMART TABLE CHEGA A BETT.
20 ene
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, velaí vos vai un vídeo grabado por Cloti, con unha pequena demostración da fantástica pantalla “multi-táctil†. A Smart table preséntase coma un centro de aprendizaxe, multiusuario para que os cativ@s poidan interactuar , crear, realizar e explorar todo tipo de contidos, ben soiños, ou ben en grupo a través dunha serie de actividades interactivas.
Conta con un dispositivo semellante ao Surface, ( se non me equivoco, un equipo con Windows Vista, un proxector XGA e unha cámara infravermella ), ainda que de fabricación propia e é capaz de recoñecer preto de 40 xestos diferentes, podendo xogar co zoom, rotar, debuxar e facer puzles entre outras cousas. A pantalla iso sí, é de plástico, especialmente duradeira e adaptada aos posibles goples dos máis pequen@s.
VAMOS, QUE QUEREMOS UNHA XÁ…(mágoa o precio, apto para poucos petos).
BETT 2009, se acabó la diversión (I)
19 ene

Pois iso, que xa rematou a diversión
… estamos de volta pra darvos conta pouco a pouco das novidades que presentaron no BETT e as impresións da expedicion do grupo EDIGA que se desprazou ata a feira.
Nesta entrega destacarvos o seguinte:
* SMART Notebook 10, totalmente estable e sen os fallos que presentaba coa gravación de video que agora crea un video .wmv
* Student Edition USB Key
, versión portable coa que podemos executar un Notebook version alumnos cun “escritorio” cos meus traballos e crear actividades e gardalos na pulseira, abraiante.
* SMART Table, xa a vimos e fedellamos nela… parece que aínda lle falta un fervor en canto ao seu aproveitamento nas aulas, porque ademais do ainda elevado custo, parece que ademais dun trebello lúdico ainda falla a creacion de materiais pra a mesa, o emprego do software da mesa no EDI, integración curricular da mesa… etc etc
Seguiremos informando nas vindeiras entregas…
BETT 2009
16 ene

Boletín Interactive Classroom (en inglés)
Ai mi madriña do noso señore, mira que hai xentiña eiquí no London!!! Estamos coas bolsas cheas ata a bandeira… xa non atendes con tanto que hai que mirar todo o día pola feira.
BETT 2009
8 jul

A vindeira chegada do macro evento BETT, xa está promocionada na súa web; iste ano ademais como parte do Premio Especial EDIGA haberá novas caras na viaxe. Ahí o vai o video promocional:
BETT 2008 (Londres)
17 ene
Moito que ver nesta Feria; unha representación de EDIGa dirixiuse a Feria de BETT (mostra tecnolóxica en educación máis importante de Europa.) para comprobar “in situ” a vangarda das New Tech, TIC, ICT….en educación.
Poís alí estivemos un Grupo ben nutrido de EDIGa:
Felo , Rosa, Ivana, Clotile, Mariló , Iván, Ricardo, Fernando, Paulo…
Polo camiño, atopámonos con persoeiros a nivel nacional no mundo das TIC.
Gaspar,Víctor Bermejo, compañeiros de Red.es… Dispostos a fedellar e fedellar con produtos de todo tipo.
Destacamos 3+1 bloques ben diferenciados na Feria
Software: A intuitividade, usabilidade, accesibilidade dos Softwares presentados; pódese apreciar unha evolución dos mesmos cara ese sentido. Cada vez moito máis amigables, personalizables e específicos.
Destacamos por todo isto: Rectable
Plataformas online: Na actualidade e un requisito necesario enriquecer as nosas propostas curriculares (proxectos, unidades, actividades… ) con soportes online que favorezan un apoio teleformativo (B-learning). Multitude de alternativas existen no mercado para apoiar a labor educativa; blogs, plataformas de xestión educativa, cursos online,….de tódalas cores e sabores. Primando as experiencias depositadas nelas coma xerme de cambio metodolóxico.
Destacamos por todo isto: Espresso Education
Hardware: os reis indiscutibles foron as PDI, ata o punto de ser un soporte omnipresente en calquer stand para poder presentar calquer produto. Apreciábase unha evolución lóxica das mesmas ao integrar Canóns e Encerados de xeitos elegantes, así como ver unha maior presenza de retroproxectadas, a conectitividade multiplícase así como a sinxeleza da súa utilización, . Tamén podíase ver unha clara aposta educativa cara aos soportes móbiles (teléfonos, PSP, PDAs) en proxectos educativos:
Destacamos por todo isto: SmartBoard
O Usuario, rei indiscutible de todo o “tingladoâ€Â; alumno, profesor,…todo xira ao redor do usuario, dándolle unha dimensión social ao produto, permitíndolle personalizalo todo posible para adaptalo as súas necesidades. Con todo podemos falar, sen lugar a dúbidas de Tics 2.0, xeralizando o concepto.
Por niveis educativos podemos destacar tamén:
Infantil: Noisy Things
Primaria: 2paintapicture
Secundaria: MathJournal
Necesidades Educativas Especiales. Mayer-Johnson
Así pois para nós o produto éstrella (o máis completo) era o que intentase aglutinar de maneira notoria eses tres bloques dun xeito natural:
- Tivese un Software o suficiente versátil e intuitivo, amigable.
- Creara unha comunidade ao seu arredor, favorecendo a difusión de experiencias, contidos.
- Fora un soporte que implicase unha relación/interacción máis humana co ordenador.
Mágoa que neste aspecto, nós como xurado, non chegaramos a un fallo consensuado, aínda que se barallaban varias alternativas:
SmartBoard
Mayer-Johnson
PSPineducation¿Axúdasnos a ter un ganador?
Con todo unhas xornadas, moi interesantes, non só polo visto, senón polas persoas.
P.D. Visita obrigada era un paseo pola urbe, así pois, o British Museum foi un dos nosos obxectivos. Preguntar por Ivan, guía español, e a súa “Freak Guide: From Cleopatra to The actually .â€Â
Grazas!!!
De propina un video do máis bailón no “tube” de London; non todo ía ser traballo:
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/kGW3XNc3dBg " width="425" height="350" wmode="transparent" /]








