Entradas etiquetadas con cambio
Unha pequena reflexión…
16 mar
Nesa gran exibición que foi Bett, tivemos a posibilidade de ver que no mundo da Educación temos moitísimas posibilidades no mundo da tecnoloxía, para faer que os nosos nenos e nenas aprendan dun xeito diferente e no mundo de hoxe. O que alí poidemos ver foron moi diversos aparellos, software…todo tipo de ferramentas que a moitos nos fixeron reflexionar e moito sobre o cambio metodoloxico. Moito ánimo a todos os que realmente queren facer este cambio, porque van na dirección correcta.
BETT 2010 Preview
11 ene
O maior evento mundial de tecnoloxía no ensino volta a Londres Olympia, niste xaneiro de 2010, con mais de 600 expositores que exhibirán os seus productos e prevese 30.000 visitantes que asisten de todo o mundo, entre os que se atopará a delegación de EDIGA
Como sabedes un dos II Premios EDIGA consistía nunha viaxe a BETT, polo que en breve e da man de Silvia teremos mais novas e un amplo resumo do que alí se expoña.
Iste video da unha idea do que agarda no BETT 2010 para botar un ollo a algunhas das novas e emocionantes innovacións, que se lanzarán na feira do 2010.
Teachers TV entrevista a algúns dos profesionais que asistirán a BETT e destaca os temas clave que sen dubida influirán na forma da tecnoloxía no ensino para iste ano.
Boa viaxe compañeiras!!
Por reis?…unha Nintendo DS (usos educativos)
9 ene
Pois falando co alumnado sobre o Nadal, a pregunta ineludible era a de ¿Que vos trouxeron os Reis?, a resposta clamorosa era:
NDS (Nintendo DS) 43%
Wii 32%
Outros 15%
“Miña naiciña, si que veñen fortes os reis!!!” dixen eu.
O interesante do conto e o de facer ver as posibilidades que ten a primeira ferramenta, a NDS, pois e o máis parecido a un ordenador portátil de baixo custo (OLPD?) .
Escoitar música, escribir, ver peliculas, leer libros, linux…unha morea de actividades educativas podemos plantexar para sacarlle un partido didáctico a esas ferramentas….todo un minitablet pc ou PDA, como a queirades chamar, pero sen rato nin teclado, acabáronse, é a era da tocabilidade!!!.
Para multiplicar as posibilidades da NDS só necesitamos:
- Un adaptador similar o cartucho dos xogos NDS. Supercard DS One que trae por defecto o homebrew Moonshell.
- Unha memoria de almacenamiento tipo SD.
Para exemplo un video:
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/lszn92w1rkw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
¿Que che regalaron a tí?
¿Chúchaslle todas as posibilidades?




