Entradas etiquetadas con encontros
EDIGA EN BARCELONA.
7 jul

O III encontro Ibérico Smart, tivo lugar este ano en Barcelona, no colexio Sant Gervasi, e estivo moi centrado en experiencias de docentes co EDI dentro da aula tanto en infantil, primaria como en secundaria. Patrick Lelorieux, vicepresidente de Smart, deunos unha visión sobre cómo Smart vé a ensinanza do século XXI.Judith Gómez, ensinounos cómo empregar o edi,xunto co google earth nas matemáticas, e outros moitos compañeiros que mostraron cómo o empregaban nas aulas de música, inglés, historia, arte, así como o nivel de implantación e o éxito no emprego do edi no colexio San Francisco de Paula de Sevilla. Ediga tamén estivo alí e deixou o seu graiño de area neste encontro que xuntou 150 persoas con inquedanzas e gañas de aprender.
II Encontro Ibérico de Utilizadores de SMART Notebook
19 jun
Pois da man dos nosos compañeiros de Portugal, teremos dúas sesións de traballo onde se abordarán as claves do éxito para a integración dos Encerados Interactivos nos centros docentes, a SMART coma ferramenta educativa, tipoloxías de traballo en necesidades educativas especiais, implementación de EDI’s, mais aló do ensino formal e o EDI no ensino do século 21.
A verdade é que moito que aprender, moito que compartir.
Inforensino dixit…
17 sep
A verdade que foron unhas xornadas interesantes e intensas; un xogo de porlle caras a persoeiros da rede…e unha sucesión de encontros e reencontros.
- Sekeirox e a súa Bitácora, grazas Carlos por unha ponencia “cristalina”.
- Fernando Fraga e o seu Squeak; moito pode dar de si ese gato-rato!!!.
- Andre Antibí e a súa constante macabra
- Apertas e parabens a nosa compañeira Belen Junquera ![]()
-…
- Ignacio López e as boas prácticas do GPS na Educación Física.
- Margarita Marín e os actuais paradigmas telemáticos do ensino tecnolóxico dixital comunicativo.
Sintesis refraneira do Inforensino:
1. “Fume e lume” Houbo no Inforensino tal como dí un compañeiro bombeiro.
2. “Entre cuncas anda o xogo” dí outro que non sei a que se adica.
Referido ao noso grupo EDIGa a representación foi intensa e de calidade (autobombo).
- Presentación da “nena” EDIGA a cargo de Jose Fariña+eu mesmo. (ver ponencia)
- Usos educativos do EDI por Mariló Fernández. (ver ponencia)
- EDI e Blogs na atención a diversidade por Felo Couto (ver ponencia)
- Un EDI por aula por Rosa e Ivana “Craescuela“. (ver ponencia)
Grazas tamén, a colaboración de Ricardo e Fernando por todo o backend
O Encerado Dixital Interactivo.Unha experiencia na aula
20 may
Da man do Grupo de Informática educativa (Isla&Sam) e dende as I Xornadas TIC do CEP de Motril, amosannos esta formidable presentación sobre o uso do Encerado Dixital Interactivo. Usos, lexislación, experiencias…non ten perda!!!
Ademáis de estar moi referenciado, deixannos uns vídeos que amosaron na sua experiencia.
Grazas compañeiros/as







