Entradas etiquetadas con proxectos
PROXECTO OOo4Kids
27 oct
Xa temos na web o Proxecto OOo4Kids. A súa idea principal é a de proporcionarlles aos nenos de 7 a 12 anos unha nova ferramenta, baseada no Open Office (software libre) pero adaptado a estas idades.
Paréceme moi boa idea que @s nos@s alumn@s se inicien neste procesador de textos, folla de cálculo e ferramentas de debuxo na compaña deste software libre, tan intuitivo e preparado para eles.
Existen versións para Mac OS X, linux e windows
Aquí vos deixo o enlace para que vos metades de cheo a probalo!
Apertas
Lorena
SMART exchange
20 oct
Buscar recursos para a aula, compartir e conectarse con outros mestres, agora en español.
http://exchange.smarttech.com/
Escola Finesa
16 jun
Da man de Aulas con Sofware achéganos iste interesante vídeo da TV Mexicana donde explícanse as características das escolas finesas en 7 minutos.
“A clave do mellor sistema educativo do mundo, esta nos mestres”






