Entradas etiquetadas con videoxogos
10 sitios de interese educativo (10/10: Videoxogos)
12 mar
SIMULADORES/VIDEOXOGOS
|
|
Título/proxecto
GUÍA VIDEOJUEGOS
Url: http://www.guiavideojuegos.es/
Descrición: Guía de referencia para nais/pais sobre videoxogos. |
http://recursostic.educacion.es/fprofesional/simuladores/web/
Sitio de contidos para formación profesional con estrutura de serious game, interesante a súa utilización noutras etapas, ciclos e materias.
http://videojuegos.leer.es/
Apartado da plataforma leer.es dirixida por Flavio Escribano centrada no mundo dos videoxogos e educación.
http://www.asesoriavideojuegos.com/wiki/index.php/P%C3%A1gina_Principal
Wikipedia sobre serious games interesantes no eido educativo.
Todo sobre a clasificación internacional PEGI dos videoxogos.
Guías e estudos da asociación española de distribuidores e editores do software de entretemento.
Guubes…realidade aumentada!
1 feb
Guubes un recurso interesante para amosar as potencialidades da realidade aumentada, potenciar a utilidade das webcams e coñecer un sistema de codificación con moito futuro (Qr-BIDI).
De visita por BETT coñecimos a un estudante chamado Mike Saxton da Middlesex University’s o cal como proxecto de carreira lanzou esta iniciativa de aumentar as posibilidades de interacción co PC. Nace Guubes. A aplicación web e sinxela e con posibilidades educativas interesantes. Cálculo, sumas restas, multiplicacións, divisións, seriacións, orientación espacial, choiva de letras, creación de verbas, categorías, manualidades, psicomotricidade…unha aplicación moi motivante e facilmente transferible aos fogares, grupos pequenos, rincóns…O mellor que o devandito home e moi accesible e está aberto a melloras, traducións, propostas…e promete desenvolvementos interesantes para educación.
Velaí vai un exemplo que realizamos:
Queres experimentar? Requisitos:
1. Descarga os códigos para que a aplicación interprete os obxectos (nós os pegamos nas típicas caixas de cartón do papel)
2. Sitúa no alto e calibra correctamente a webcam (ao igual necesitas un prolongador usb)
3. Accede a aplicación web.
4. Escolle algúnha actividade.
5 Listo!.
Non me amoles mamá. Estou aprendendo!!!
31 dic
4 anos xa do título tan iconoclasta “Don’t Bother Me Mom—I’m Learning!: How computer and video games are preparing your kids for 21st century success and how you can help!” chegan as nosas pantallas, al fin en boa calidade. Marc Prenski , Punset, 30 minutos por diante, videoxogos e innovación educativa.
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20101205/redes-molestes-mama-estoy-aprendiendo/953666.shtml
Traballando co Micro…
21 nov
O uso do micro como soporte confírenos unhas posibilidades enormes a hora de traballar/ interactuar de xeito diferente cos equipos tecnolóxicos, así pois podemos destacar unha serie de aplicacións interesantes para exprimir as súas posibilidades como:
- Na Logopedia/Audición Linguaxe: A nosa compañeira Tamara Freire (Especialista A.L) nos propón unha serie de aplicacións e xogos moi recomendables para traballar a intensidade e duración da voz co alumnado; así mesmo a compañeira Consuelo Belloch fainos unha escolma das aplicacións máis utilizadas na Fonoloxía.
- Cooperativa/Lúdica: A dimensión máis lúdica e cooperativa de mencionado soporte a temos con emuladores de karaokes adaptados a todas as idades como e o caso de Ultrastar.
- Control por voz: Os Sistemas Operativos por defecto soen traer aplicacións interesantes como o “Narrador” e o “Recoñecedor de voz” (Apartado Accesorios>Accesibilidade) no caso de Windows e outros derivados así como PearlBox e outros para Linux.
- Web: As aplicacións web tamén se prestan a exprimir ao micro, dende karaokes coorperativos en liña (Karaoke party) onde teñen cabida centros, escolas e comunidades, audiomails con vocaroo ou debuxo con voz con Voice-Draw.
- Eventos/Congresos: Atentos haberá que estar ante vindeiro Congreso sobre Videoxogos e accesibilidade (2-3 decembro 2010 // Barcelona) onde o micro como soporte (e outros trebellos) e as súas posibilidades de uso soen ter moito que dicir.
Para mostra un xogo ![]()
Music Hero…emprende coa Música.
17 nov
Da man da Junta de Andalucía cheganos un programa educativo para emprendedores denominado Music Hero, emprende o teu reto, que ten como obxectivo ofrecer aos mozos os instrumentos necesarios para impulsar o seu espírito emprendedor. Music Hero é un xogo de simulación e estratexia para desenvolver esas habilidades emprendedoras, de forma amena e lúdica.
Punset lusit…et Punset dixit
5 oct
Vía: http://videojuegos.leer.es/ (Flavio Escribano)
Es urgente que les diga que estábamos profundamente equivocados. A nosotros nos llaman “inmigrantes digitales” y a ellos, “nativos digitales”. Pues bien, los nativos digitales tienen todas las de ganar al aprender las aptitudes necesarias para sobrevivir en las sociedades del mañana. Si vuelven a aprender lo mismo con idénticos sistemas que nosotros, no sólo no encontrarán trabajo, sino, lo que es peor, serán infelices… Cuando con nuestra sabiduría arcaica afirmamos que los jóvenes de hoy no saben concentrarse, deberíamos decir más bien que no focalizan su atención en los antiguos mecanismos de aprendizaje.
KODU…videoxogos na aula.
3 oct
Kodu é un editor de videoxogos que escapa da complexidade das contornas de desenvolvemento tradicionais. Pensado para nenos en idade escolar, Kodu é tan intuitivo e agradable á vista que parece un xogo máis. E é que, en certo xeito, o é.
Exemplos e leccións son o recurso que Kodu utiliza para ensinar os fundamentos do seu modelo de programación visual, sen código nin compiladores. Crear os mundos de xogo é moi sinxelo grazas ás ferramentas de edición de terreo. O excelente motor gráfico de Kodu aproveita ao máximo os recursos dispoñibles, así como a súa interface tremendamente táctil.
Páxina de KODU:
URL: http://research.microsoft.com/en-us/projects/kodu/
Manual Básico: http://observatorio.cnice.mec.es/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=779
Exemplos educativos:
Futurelab: http://admin.futurelab.org.uk/resources/documents/project_flyers/games_kodu.pdf
Masterplan: http://www.mrstucke.com/2009/08/26/kodu-game-lab-first-impressions/
Congreso GDC 2011: http://www.gdconf.com/conference/callforpapers/submissions.html#serious
Outros editores de videoxogos:
Loga: http://www.educalim.com/loga/
Edusim: http://edusim3d.com/
Alice: http://www.alice.org/
Scratch: http://scratch.mit.edu/
GameMaker: http://www.yoyogames.com/gamemaker/
Uso lúdico dunha webcam.
22 abr
Ao fío do anterior artigo, e dentro do mesmo proxecto sobre “Saúde Dixital. Saúde Laredo”, exploramos as posibilidades dunha infravalorada webcam nos nosos centros educativos (ver “Lector Documentos Lowcost”), sen WIIs nin PS2 utilizamos recursos da rede para interactuar e xogar coas Novas Tecnoloxías tendo como referente un eido fundamental o lúdico e o social, somentes cunha webcam!!!.
Para mostra, un vídeo, que as veces se fala se fala do que se fai pero non se amosa
:
Recursos utilizados:
- De orfebrería tecnolóxica e para NEE da man do noso Compañeiro J. Fonoll: Xtec Fonoll
- Para Educ. Infantil: Kukakumma
- Para Educ. Primaria C.I y C.II: Camgoo
- Para Educ. Primaria C.III e ESO: Ovo The game
- Para os exploradores: Webcam games
- Outras maneiras de usar a webcam: Mando, Headev…
Xa contaredes doutras propostas!!!
Por reis?…unha Nintendo DS (usos educativos)
9 ene
Pois falando co alumnado sobre o Nadal, a pregunta ineludible era a de ¿Que vos trouxeron os Reis?, a resposta clamorosa era:
NDS (Nintendo DS) 43%
Wii 32%
Outros 15%
“Miña naiciña, si que veñen fortes os reis!!!” dixen eu.
O interesante do conto e o de facer ver as posibilidades que ten a primeira ferramenta, a NDS, pois e o máis parecido a un ordenador portátil de baixo custo (OLPD?) .
Escoitar música, escribir, ver peliculas, leer libros, linux…unha morea de actividades educativas podemos plantexar para sacarlle un partido didáctico a esas ferramentas….todo un minitablet pc ou PDA, como a queirades chamar, pero sen rato nin teclado, acabáronse, é a era da tocabilidade!!!.
Para multiplicar as posibilidades da NDS só necesitamos:
- Un adaptador similar o cartucho dos xogos NDS. Supercard DS One que trae por defecto o homebrew Moonshell.
- Unha memoria de almacenamiento tipo SD.
Para exemplo un video:
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/lszn92w1rkw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
¿Que che regalaron a tí?
¿Chúchaslle todas as posibilidades?





