Entradas etiquetadas con web 2.0
Eu lurkeo, ti lurkeas, él lurkea…web social?
16 oct
Repasando artigos de interese nos bits máis reconditos dos discos duros atopo un artigo que noutrora era unha novidade e que agora recobra certo interese nestes tempos que a web seica é máis social.
O fenómeno do “Lurking” ou participación pasiva é un feito…centos de correos, miles de retweets, e incansables blogs que son ecos doutros tantos… as comunidades rapidamente pasan da efervescencia a languidecer…coa sensación de que todo está ¿inventado?.
Iñaki Murua, autor do devandito artigo, o explica dunha maneira sintética e moi clara.
Merece a pena deterse a botarlle un ollo a unha “web do eco” que ten as súas propias medidas 90-9-1
Si, si xa sei que estou inflado das soflamas de Nicholas Carr!!!
E tí que Lurkeas ou colaboras?
Aplicacións didácticas da Web 2.0
3 oct
A Wikipedia define a Web 2.0 como o término acuñado para referirse á segunda xeración de internet, exponencialmente máis dinámica que a anterior, baseada na colaboración da comunidade de usuarios. Son exemplos desta revolución tecnolóxica servizos como as redes sociais, os blogs, wikis, e un longo etcétera.

A propia Wikipedia constitúe un exemplo excelente de construción do coñecemento por parte dos propios usuarios, un coñecemento (segundo un estudo) tan riguroso como o da propia Enciclopedia Británica. Pero as posibilidades da web 2.0 son amplísimas e as súas aplicacións en educación posúen un incrible potencial para provocar un cambio metodolóxico real.
O Concello de Ponteceso, en colaboración co Centro de Formación e Recursos, organiza no mes de novembro unhas xornadas sobre a Aplicación didáctica da Web 2.0, poñendo tanto á nosa disposición como mestres, como ao público en xeral, a oportunidade para profundizar no funcionamento, implicacións e aplicacións educativas das redes sociais, blogs, plataforma Moodle…
Inclúese, entre os contidos a tratar, unha xornada sobre o EDI nas aulas.
Inscrición: Plataforma do Cefore
Prazo: Ata o 15 de Outubro.
Máis información: Ver Programa





