A cara oculta de Facebook
Filed Under (eduTIC) by guarana on 14-06-2009
Mira, escoita e decide se queres estar ou nao!
Sabes que acontece realmente cos teus datos en Facebook? Es consciente de que Facebook adquire o dereito a facer o que queira coas fotos e vídeos que sobes? Pensaches algunha vez en quen está realmente detrás de Facebook?
ESTE É UN FALSO DOCUMENTAL que por desgraza é menos falso do que aparenta, que a CIA estea detrás non é ningunha novidade nin ningún segredo. porqué é un falso documental e non un documental? pois porque é un traballo da clase e esas eran as instrucións, e porque as probas que achegamos non son máis que as que pode obter calquera se investiga por internet. Así que…¿ estás disposto a pulsar no botón “Aceptar” e poñer a túa vida ao alcance das multinacionais? estás disposto a vivir un gran irmán?
Tendemos a crer inxenuamente que todas aquelas facilidades que nos dan en internet son de balde, que non pagues non significa que sexa de balde, estás aforrando ás axencias de seguridade e as grandes empresas os estudos de mercado, agora calquera pode saber que fas e que te gusta, calquera pode saber como facer para que te compres unha colonia ou vaias ver unha película determinada ao cine. Só por crer que ti podes configurar o acceso ao teu perfil non significa que non cedas a Facebook o dereito de vender os teus datos.