XA TEMOS GALINUX

La Voz de Galicia publica o día 12 de decembro a presentación dun sistema operativo libre en galego, GALINUX, baseado no Ubuntu e promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún).
Segundo a información do xornal distribuiranse 5.000 cedés co sistema operativo así coma un paquete de programas que incluirán dende un navegador de Internet, un procesador de texto ou programas de retoque fotográfico.
Pero o nome de GALINUX nace con polémica, xa que no 2006 un grupo de docentes creou unha distrubución de Slackware, modificación de LINUX, co mesmo nome.
| Imprimir artículo | Este artículo fue publicado por clotilde el 16 diciembre, 2008 a las 12:25 am, y está archivado en Xeral. Sigue las respuestas a esta entrada a través de RSS 2.0. Puedes dejar un comentario o enviar un trackback desde tu propio sitio. |



